miércoles, 20 de enero de 2016

Diario de Sesións 8

Hoxe Santiago máis eu seguimos facendo a videoreportaxe e Cloe máis Veronica estiveron mellorando a reportaxe.
Tívemos prloemas.
 

sábado, 12 de diciembre de 2015

Diario de Sesións 6

Hoxe traballamos ben en grupo. Pero tivemos o problema de que unha empresa, da que xa tíñamos feita toda a investigación, respondeunos que a nosa información non correspondía á realidade e por iso, non podemos facer a entrevista desta empresa.
Polo tanto, temos que buscar unha nova empresa polo que non avanzamos moito nesta clase

martes, 1 de diciembre de 2015

Deseño da visita e posibles entrevista

Debido aos problemas que tivemos coas empresas seleccionadas ( Planesga e Afamsa) escollimos unha tenda ecolóxica  chamada ABC de BIO, que visitaremos este venres, nesta tenda faremos a entrevista e a video reportaxe.

PREGUNTAS:


1º) Só tedes esta tenda na península ou hai máis?


2º) Cal é a procedencia do voso capital?


3º) Que factores produtivos precisades para o proceso de produción( así como os recursos naturais, traballo e o capital)?


4º) O voso comercio ten métodos para reducir os custes de produción (como pode ser a deslocalización)?


5º) Que métodos utilizades para aumentar a produtividade ou incrementar as ventas ( por exemplo, a publicidade)?


6º) Que tipo de contratos elaborades para garantir a estabilidade laboral dos traballadores?


7º) Cal é o convenio colectivo que regula as condicións dos traballadores do sector?


8º) Este comercio ten relacións con outras empresas ou comercios?


9º) Cal é a situación actual do comercio?


10º) Cales son os produtos que máis vendedes?


11º) Como surxiu a idea de facer unha tenda de produtos ecolóxicos? Hai máis na cidade?


12º) Estivemos investigando pola vosa web e vimos que fanse pedidos pola península... isto vai ben?


13º) Credes que debería máis xente comprar os vosos produtos ou os clientes que tedes son abundantes?


14º) Considerades que tedes competencia con outras tendas?


15º) O voso comercio é de ámbito nacional, pensades amplialo nun futuro?


16º) Compénsavos a venta de produtos ecolóxicos e naturais, sabendo que son máis caros e que teñen menos éxito hoxe en día?


17º) En que ano se fundou esta empresa e que vos levó a idea dos produtos ecolóxicos?


18º) Que vos leva a realizar comercio xusto no voso mercado, sabendo que a produción é máis cara e as ganancias redúcense?


19º) Actualmente, de cantos empleados componse ABC de BIO?


20º) Quétipo de carreira ou formación teñen que ter os vosos empleados?


21º) Con qué obxectivo traballades co comercio xusto e os produtos ecolóxicos?


22º) Como levades a cabo a compra e venta de produtos?


23º) Fabricades vós os vosos produtos ou os comprades a outra empresa? De ser así, a qué empresa? 


24º) Como comprobades que os vosos produtos son realmente 100% naturais e ecolóxicos?

25º) Qué esperades chegar a facer con esta empresa, é dicir, cal é a vosa meta ou obxetivo?


26º) Cales son as características máis salientables que destacaríades do voso mercado?

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Diario de sesións 5

Hoxe estivemos empezando la actividad número 4.
Valoración:boa
Dicultades: O internet iba moi lento.
Aprendizaxe:Ningún
Impresión: boa

martes, 17 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude

Bos días:


Somos Verónica, Mario, Cloe e Santiago; catro alumnos de 3º ESO do centro educativo Mª Aux. Salesianos Vigo. Estamos a facer un proxecto para as asignaturas de xeografía e galego, que consiste en escoller unha empresa que esté en Vigo e que cumpra unhas certas características sustentables como traballar con produtos ecolóxicos ou enerxías renovables.

Escollimos a vosa empresa polo sistema produtivo sustentable que levades a cabo e gustaríanos poder analizalo máis de cerca e coñecer todos os datos posibles acerca da vosa maneira de traballar e de utilizar os produtos.
Interésanos a información que aportades na vosa páxina web, como cando facedes referencia a calidade e a seguridade nos alimentos ou cando indicades que obtedes produtos naturais, segundo a normativa europea relativa ás materias primas. Tamén chamounos a atención o voso uso de comercio xusto e responsable e a vosa preocupación pola seguridade medioambiental.

Gustaríanos obter unha entrevista con vós para poder realizar o noso artigo para o proxecto coa maior cantidade de datos verídicos posibles, se vos parece ben esta oferta facédenolo saber mandando un correo a esta dirección: ______________ ou chamando a este número de teléfono: _________.

Encantaríanos recibir unha reposta o máis pronto posible e estaríamos moi agradecidos se aceptades a nosa proposta.


Moitísimas grazas e un saúdo de: Santiago, Cloe, Verónica e Mario.